AntesDespois

Sen fórmulas de cor
Guiados pola imaxe

Dominamos a precisión do contorno dixital e as ferramentas avanzadas necesarias para reproducir o carácter dun proceso fotoquímico. Desde o axuste máis subtil ata a construción dun look completo, buscamos que cada imaxe encontre a súa propia identidade.

ACES Workflow

Fluxos de cor baseados en ACES para unha xestión consistente, trazable e preparada para proxectos con múltiples cámaras, formatos, entregas e destinos de exhibición. Mediante ACES 2065-1, aseguramos ademais unha correspondencia precisa cos procesos de VFX, preservando a coherencia da imaxe ao longo de toda a postprodución.

Dolby Vision

Dolby Vision permite levar a cor e a luz un paso máis alén, coidando como se percibe a imaxe en diferentes pantallas e condicións de visualización. Desde un master ACES, mantemos a intención da etalonaxe e xeramos versións Dolby Vision, HDR e SDR coherentes, sen perder polo camiño as decisións creativas do proxecto.

Monitorización de Grao 1

Unha sala de cor calibrada periodicamente mediante espectrofotómetro garante unha monitorización fiable e estable. SONY Trimaster, estándar de referencia en masterización, asegura a coherencia da imaxe desde a sala ata unha pantalla de cine. Así, cada decisión de cor tómase con precisión e mantendo o control sobre a imaxe final.

Cor remota

Fluxos remotos deseñados para conservar a mesma precisión que en sala. Compartimos revisións e coordinamos o proceso de forma segura e, cando é necesario, enviamos un monitor de referencia calibrado para visualizar en tempo real, desde calquera lugar, a imaxe tal e como se percibe na nosa sala de cor.

Color grading · Traballos